InicioLugo e contornaLugoO novo parque industrial de Lugo podería quedar en nada por "riscos...

O novo parque industrial de Lugo podería quedar en nada por “riscos de inundación”

A Xunta vén de fallar negativamente sobre os planos do proxecto, e advirte de posibles danos medioambientais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Golpe ao plan do Concello de Lugo para ampliar o polígono do Ceao. O proxecto do consistorio lucense para crear unha nova urbanización industrial na parte norte da cidade, entre o centro comercial das Termas e o Polígono O Ceao, vén de chocar coa oposición da Xunta de Galicia, que, segundo Adega, cuestiona a viabilidade ambiental dun proxecto que afectaría a unha zona de “salientables valores”.

E é que, segundo apuntan dende a Asociación, na zona proxectada para a construción do novo polígono industrial atópanse “varias nacentes do río Rato”, á parte de existir “abundantes formacións de bosque de ribeira e carballeiras”. Con todo, un dos principais argumentos achegados pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental para desestimar o proxecto orientaríanse a unsuposto risco de inundabilidade, xunto coa “falta de integración topográfica e paisaxística”.

É por isto que, segundo Adega, o informe da devandita Dirección Xeral xulga que “a ordenación formulada supón unha ameaza directa sobre algúns destes valores” e “pode dar lugar a efectos ambientais significativos”, enténdese que adversos. Estas cuestións derivarían nun condicionamento da tramitación do Plan a unha xustificación da “necesidade” de urbanizar o ámbito, entre outras barreiras legais que ameazan con facer caer o plan.

Adega, Ríos con Vida e a Asociación do Parque de Rosalía de Castro xa presentaran alegacións denunciando a “insustentabilidade” e “irracionalidade” da nova urbanización industrial proposta no contexto actual; xa que, segundo destacan, existe unha grande superficie de solo industrial no Concello -máis de 125 Has.- con planificación xa aprobada, “a cal se atopa xa urbanizada e/ou en espera dunha próxima urbanización, suficiente para a implantación deste tipo de actividades durante décadas”. “Así mesmo, nas alegacións puxéronse de manifesto as consecuencias negativas derivadas da execución do Plan, como os danos irreversibles á rede fluvial e aos hábitats naturais”, finalizan.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...