InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaDenuncian a construción dun polígono industrial enriba do Camiño de Santiago na...

Denuncian a construción dun polígono industrial enriba do Camiño de Santiago na Fonsagrada

Este tramo está catalogado como Patrimonio da Humanidade e como ben de interese cultural.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ecoloxistas en Acción denuncia que no Concello da Fonsagrada preténdese construír sobre o Camiño de Santiago primitivo unha rotonda de acceso a un polígono industrial que ocasionaría a destrución completa dun tramo do Camiño Primitivo catalogano como Patrimonio da Humanidade pola Unesco e ben de interese cultural pola Xunta.

A organización ecoloxista alerta de que o plan xeral da ordenación municipal da Fonsagrada, aprobado pola Xunta e o Goberno Municipal, sitúan o desenvolvemento do polígono na marxe dereita da estrada Fonsagrada-Lugo, na parroquia de Padrón. Esta localización invade distintas zonas por onde discorre o camiño.

Ecoloxistas en Acción sinala que de levarse a cabo o proxecto, este suporía un dano irreparable a un ben Patrimonio da Humanidade. Solicita ás institucións implicadas que non sigan cunha iniciativa que suporía a degradación deste tramo do camiño primitivo e unha perda do patrimonio cultural e paisaxístico que afectaría a veciños e peregrinos.

ÚLTIMAS

O vindeiro pleno provincial aprobará as bases do Plan Deputación 2025, que sobe a 22 millóns

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou este martes que o pleno...

Ferido un conductor tras un choque entre o seu vehículo e un camión en Guntín

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este martes tras chocar o vehículo no que...

O viaduto do Castro na A-6 estará operativo desde o 30 de decembro

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, anunciou este luns que o...